De tódo-los castelos que coñezo en Galicia, este é o meu favorito o de Soutomaior, e anque nesta visita o tempo non acompañou, ata chovendo é pra ver.
segunda-feira, 10 de novembro de 2008
quinta-feira, 6 de novembro de 2008
San Simón e San Antón
Sobor das illas que pertencen a Cesantes (concello de Redondela):
- Na idade media foron lugar de retiro de monxes templarios, pascualinos, benedictinos e franciscanos, que tiveron que deixalas polos contínuos saqueos de piratas coma Francis Drake.
- Son o tema principal dunha das cantigas de Mendinho e de outras moitas.
- No 1702 sufriron a batalla de rande e nela o afundimento na ría dos galeóns hispano-franceses que loitaron na guerra de sucesión española; a este feito fai mención Xulio Verne na súa novela Vinte mil leguas baixo o mar cando fala dos tesouros da ría.
- Do 1842 ó 1927 San Simón foi lazareto limpo e San Antón lazareto sucio (pros enfermos terminais) e non só pra leprosos senón pra todos aqueles que viñan enfermos nos barcos que chegaban a Galicia dende as américas.
- Do 1936 ó 1943 xunto co Upo Mendi un barco vasco fondeado ó seu carón foi un campo de concentración (e non un cárcere como nos queren facer crer) polo que pasaron máis de seis milleiros de persoas, acusadas de defenderen o seu país e as súas vidas.
- Logo ata o ano 1950 no que naufraga Monchita foi colonia de veraneo dos verdugos do cárcere.
- Do 1955 ó 1963 foi o fogar Mendez Núñez de orfos de mariñeiros, un colexio interno pra orfos e rapaces de familias pobres.
- Abandoadas dende o 1963 no ano 1997 son declaradas Ben de interese Cultural e comeza a súa rehabilitación ata que no 2006 se inaugura Illa da Memoria. Unha lección de istoria pra todos os que coma min, non tiveron un mestre que lles falase de toda-las inxustizas que se cometeron dende o 18 de xullo do 1936.
Feito polos reclusos este paseo apódase de Teruel pois mandáronllo facer canda o rendemeto desa cidade e rodea a illa levandonos do peirao de almirantes por onde entraron a San Simón os primeiros presos políticos ata o peirao do capitán de onde saiu Monchita cando naufragou.
Sedia-m'eu na ermida de San Simón,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son,
Eu atendend'o meu amigo
!Eu atendend'o meu amigo!
...
Mendinho sec XIII
Subscrever:
Mensagens (Atom)