segunda-feira, 11 de maio de 2009

Ruta da Pedra e da Auga

Aló en Ribadumia contan unha ruta de sendeirismo pra coñece-los camiños da auga dende o mosteiro da Armenteira, pasando pola aldea labrega (Meis, próximamente, jaja) ata os muiños de Barrantes, e aquí vos deixo unhas imaxes do bonito paseo que agarda se vos queredes achegar.
Este é o muiño de Chantada. Que se pode ver traballar os domingos pola mañá.
O segundo muiño que atopamos é o do con, e leva ese nome pola pedra que ten á fronte.

Velaquí o muiño de Rivas, e na seguinte foto a metade do seu interior, pois conta con dúas moas, con capa grosa (de ahí que fosen pra moer millo).

E este derradeiro é o muiño dos Carros (chamado así porque a ponte que atravesa o río ó seu carón foi feita pra cruza-los carros pra ir moer, sen ter que ir ata a ponte de Barrantes). É o único dos muiños que non parou nunca, e ten enfronte da súa porta un lavadoiro tamén de pedra, que aprobeitaba a auga das canles do muiño.

Fixadevos no río, que imaxes nos deixa.


Non é esta a única ruta pra ver en Ribadumia, achegádevos e veredes, e se o facedes a finais de xullo ide pola Sta. Marta a proba-lo pulpo. Que o desfrutedes.

No barbanza

Hoxe imos dar unha voltiña (máis ben pequena) polos castros de Neixón en Boiro. Un espazo verde que conta ata con mesas pra comer debaixo dos pinos. Pena que non estean descubertos de todo.

O castro grande:
E máis o pequeno que curiosamente está máis excavado có grande.

Conta unha lenda que o castro de Neixón estaba unido por debaixo da ría co castelo da Lúa en Taragoña (Rianxo). Anque do castelo hoxe só queda unha morea de pedras numeradas; pra voltar erguelo en canto os do concello non teñan qué facer; nunca poderemos comprobar se existía ou non ese paso, pois por moito que reconstrúan o castelo non vai cadrar no mesmo sitio.