Como ía saber eu que o sitio ó que me mandaban tiña castelo ... pois pola miña "biblia particular" a enciclopedia de Silverio Cañada que tanto me custou xuntar, antes de ir a ningures sempre busco nela o que teño darredor pra ver, e menuda sorte dar con Maceda, co seu castelo medieval, vila rodeada de mosteiros, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, San Pedro de Rocas, Monfero ... e tamén preto doutros castelos, Castro Caldelas, Monterrei ... preto de Allariz, a media hora de Ourense, San Estevo de Ribas de Sil, Santa Cristina ... vaia lugar.



A ventá que mira á vila de Maceda...
E velaquí a privilexiada terraciña deste castelo-hotel no que poderiamos celebra-la nosa voda celta (cada ano porque así eran os celtas, ó ano caducaba e podían renovar ou mudar) posto que teñen un druida que é quen oficia no patio interior do castelo.