Cangas de Morrazo entre Ons e as Cies, entre as rias de Pontevedra e Vigo asi é que ten un miradoiro único;
Cabo Home ... mires onde mires impresiona incluso dende o bandullo do seu caramuxo... Azul ata onde a vista alcanza.
Á beira de cabo home atopamos o monte do Facho, cunha aldea romana ó seu pé e un camiño empedrado que nos leva ó fogar de Berobreo, un deus lar que tiña o seu santuario no alto deste castro e que é unico na península.
Dende Berobriga vixiaban de Cies ata Ons.
Este facho foi construido no séc. XVIII e funcionaba coma un faro.
Tanto Cabo Home coma o Facho están na parroquia do Hio, pero non son o único que ten o Hio, incrible é o cruceiro diante da igrexa parroquial de san Andrés.
Velaquí a Excolexiata de Santiago de Cangas do séc. XVI dignas de ver son as gárgolas e tamén o pórtico.
E logo, xa na alameda temos "A volta do mar", o Hórreo, o reloxo e a Capela do Hospital que foi reconstruida aquí e por iso ten partes novas.
En Zas, pasando a vila de Baio en dirección á Coruña atopamonos cun carreiro cuberto de carballos que nos leva ó pazo máis antigo de Galicia:
As torres do Allo.
Logo do carreiro das Torres do Allo estes son os primeiros habitantes que atopamos E son estes tres os que nos dan paso á cancela das torres.
A Torre vella data do século XV, foi feita a raiz de que se destruise a fortaleza medieval que tiñan nun monte próximo.
Velaquí a torre nova feita nos sec XVI e XVII xunto co corpo que une as dúas torres posto que a familia xa non cabía na torre vella.
Pra ver son os balcóns e as gárgolas do tellado.
Agora imos pra dentro ... Que bo é o pan destes fornos de pedra, amasado na artesa e cocido con raxas de toxo cachudo coa porta pechada con bosta. Dentro da lareira os tres pés, a palmatoria, a gramalleira, as tixolas, as achas de carballo ...
O demo dentro da torre vella, anque estou segura de que cando se aburre vai de paseo ata os batáns de mosquetín, pois só ten que cruzar Baio e logo chega.
Estes son os únicos batáns que se conservan en toda Galicia, de feito aínda funcionan. Vide comigo ... imos abri-la porta.
Este tirador é coma o que ten a porta da eira da casa dos meus avós.
A auga facia mover os rodicios dos batáns que erguían os mazos e ían batendo (de ahí o nome) na manta pra tupila, a manta tiña que estar sempre mollada pra que non rachase e cada 4 ou 5 horas dábanlle a volta pra que tupise por igual; abatanar unha manta levaba de 24 a 26 horas.
Unha manta abatanada saia moi cara polo traballo que daban e so estaban ó alcance duns poucos; esta é a razón pola que caeron en desuso e co tempo ó ser feitos de madeira, podreceron e foron desaparecendo.
A cantidade de horas que pasaban os veciños nos muiños déixase notar nas lareiras que teñen dentro.
A vista dende os ventanucos dos muiños é pra enmarcar.
Este muiño é de granito e permítenos moer o millo facendo picón, fariña munda ou fariña pra amasar.
Velaquí a proba de que os muiños aínda funcionan.
Este muiño é pra moer trigo, a diferencia está en que a capa que moe é de pedra caliza por iso se ve máis gastada cá do millo.
Anque vos pareza que non, sempre que ides a algures expresamente por algo, podedes levar unha decepción, cando pasedes por Vimianzo parade a ve-lo castelo, anque pro meu gusto usa -lo como centro cultural non é o máis adecuado. Está moi ben conservado e por fóra é precioso.