segunda-feira, 16 de fevereiro de 2009

O Toxa

Pra non variar de lugar, comezamos o ano dando unha volta pola comarca do Deza. Anque non nos demos conta e puidemos de paso achegarnos a ve-los xenerais do ulla en Merza. Velaquí a fervenza do Toxa en Silleda. En dúas verbas im-presionante. Darredor da fervenza hai un miradoiro no alto e ata unha rota de sendeirismo que nos leva a Carboeiro, pero iso verémolo noutra visita. Velaquí as vistas antes de baixar á fervenza, as casiñas pertencen á parroquia de Merza en Vila de Cruces.

Nesta nova visita que fixemos ó Toxa, fomos co tempo xusto e non puidemos face-lo camiño a Carboeiro, pero o que é a foto obrigada sí que a temos.¡Vaia se baixou a cantidade de auga da fervenza!

Sem comentários: