domingo, 7 de abril de 2013

Montederramo

Cóntase que un eremita chegou a estes lares e se adicou a rezar, vivindo da natureza, tan involucrado cos animáis que conseguiu que un lobo lle axudase a carreta-las pedras pra erguer a ermida orixinal deste mosteiro pertencente  á terra de Caldelas.






Nos anos da desamortización da igrexa os claustros do mosteiro pasaron a ser propiedade dalgúns particulares, que ainda hoxe continúan a vivir nun deles, mentras que no outro o concello ten un colexio pra pequechos que poden presumir de aprende-la istoria vivindo nun anaquiño dela.

Castrocaldelas

Nesa provincia que un "simpático" tivo a gran idea de discutirme que non había nada que ver, atopei unha pertenza da duquesa de Alba, o castelo museo de Castro Caldelas.Védeo.








Celanova

Berce de Celso Emilio, e casa tamén de Curros. Celanova ten un rueiro empedrado pequeniño pero digno de ver, un dos seus segredos é a capela mozárabe de San Miguel de Celanova, xoia que se garda no patio do mosteiro de San Rosendo e que ainda non puiden visitar. Por máis veces que vou alá, só duas conseguin ve-lo interior do mosteiro, pero coa cámara sen batería o resultado non é moi bo que digamos.
Velaquí un retratiño que penso rematar en canto me sexa posible.




As mozas de Celanova
dicen que, non beben viño
e debaixo do mantelo
levan o xarro escondido.
Tradicional.
Aparte desta cantiga contan con outras moitas que falan da súa vila coma aquela que nos conta o que lle aconteceu a un mozo na festa da Ramallosa, festa de orixe pagán na que se adornan ramallos con lazos de cores e luces pra ir en procesión de noite dende o mosteiro ata a hermida e igrexa, que estan xuntas saindo da vila cara Bande.
Por ir ó baile da Ramallosa
por ir ó baile morena perdin a moza
perdin a moza, deixa-la ire
no canto da morena outra ha de vir-he.

Castelo de Pambre

Como son reincidente non parei ata que puidemos ir ve-lo interior do castelo medieval de Palas que soportou enteiro ós irmandiños, a mágoa é que ó seu dono se lle ocorreu que podía vivir nel, pero non o restaurou e foron caendo tellados e placas pouco e pouco.






Posto que o seu dono o deixou en herdanza ós monxes do asilo de Vigo que o coidaron de vello, estes venderon á deputación de Lugo á que hoxe pertence e puidemos ir a velo antes de que o restaurasen e cobrasen a entrada.

Mons-Fortis


Da terra fértil que quedou da lama vermella dunha lagoa; na época castrexa os oestrimnios fixeron unha cidade;o monte-forte no latin dos romanos. Velaquí a súa torre dos Lemos, o malecón do Cabe, a cidade, os escolapios, a antigua ...





 

 



Trandeiras e a Pena


Velaquí dous lugares cos que me atopei un venres que fixen 466 km. O mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras e a Torre da Pena.
Se vos fixades o nome do mosteiro está en portugues, posto que foi fundado no século XVI por uns cabaleiros portugueses ós que se lles apareceu o neno Xesús neste "altinho". Tesouriños que temos agochados.





 Hoxe




A torre da Pena, unha das tres que coidaban e vixiaban a comarca da Limia, xunto coa de Sandiás e a da Poqueira.