Berce de Celso Emilio, e casa tamén de Curros. Celanova ten un rueiro empedrado pequeniño pero digno de ver, un dos seus segredos é a capela mozárabe de San Miguel de Celanova, xoia que se garda no patio do mosteiro de San Rosendo e que ainda non puiden visitar. Por máis veces que vou alá, só duas conseguin ve-lo interior do mosteiro, pero coa cámara sen batería o resultado non é moi bo que digamos.
Velaquí un retratiño que penso rematar en canto me sexa posible.
As mozas de Celanova
dicen que, non beben viño
e debaixo do mantelo
levan o xarro escondido.
Tradicional.
Aparte desta cantiga contan con outras moitas que falan da súa vila coma aquela que nos conta o que lle aconteceu a un mozo na festa da Ramallosa, festa de orixe pagán na que se adornan ramallos con lazos de cores e luces pra ir en procesión de noite dende o mosteiro ata a hermida e igrexa, que estan xuntas saindo da vila cara Bande.
Por ir ó baile da Ramallosa
por ir ó baile morena perdin a moza
perdin a moza, deixa-la ire
no canto da morena outra ha de vir-he.
Sem comentários:
Enviar um comentário