terça-feira, 26 de agosto de 2008

Prazas, rúas, xardins ... Cuntis

Os romanos estiveron en Cuntis
Santa María de Cuntis, erguida coas pedras de San Xiao.

Convento Benedictino de clausura

Roberto Blanco Torres: poeta, xornalista e republicano. Nado en Cuntis e asasinado en Entrimo.

Onde antes estaba a escola da feira, feita cos cartos dos cuntienses da Arxentina, hoxe descansa o palco da música.

Os xardins da casa do cura.

A fonte dos Arxinas pois Cuntis é berce de canteiros, entre eles meu avó Celestino.

Pola beira do río Galo un carreiro lévanos do Castro ó Espadenal.

Entre os dous balnearios existe unha ponte romana que foi remodelada.

Da praza das Árbores, da de Galicia e da rúa do Balneario chégase á praza do Ferrol.

Dende a praza de Galicia cara á presiña.

A praza das Árbores e o Hospitalillo (hoxe casa da cultura Roberto Blanco Torres)

O Ferrol entre lusco e fusco.

Sem comentários: